Dentro dos plans estratéxicos da CEC inclúese o desenvolvemento empresarial e a articulación de políticas e servizos que potencien e permitan o desenvolvemento económico da provincia, así como traballar para lograr a mellora da actividade empresarial.

Tanto a tecnoloxía como o capital humano son elementos fundamentais para poder levar a cabo o aproveitamento de oportunidades e crecemento futuro, e por iso a Confederación de Empresarios de La Coruña participa activamente na mellora da formación continua e o desenvolvemento das capacidades do empresariado e das persoas traballadoras ocupadas e desempregadas,levando a cabo accións formativas, necesidades pora o tecido empresarial, e facelas chegar a diferentes puntos da provincia.

A Confederación de Empresarios da Coruña está a apostar por apoiar e fomentar a innovación e a transformación dixital das empresas e das persoas como elemento crave para a mellora da súa competitividade e neste sentido e como continuación do proxecto executado no exercicio 2022 e financiado pola Deputación da Coruña, este ano proponse un proxecto denominado “Dixitalmente Conectados: Seminarios para a Era Dixital”, que consta de seis seminarios prácticos baseados en tres pilares fundamentais: a competitividade, a innovación e a dixitalización como ingredientes clave cara a transformación dixital.

O principal obxectivo que persegue o proxecto é proporcionar contidos prácticos, funcionais e tanxibles, para que as persoas participantes dispoña de ferramentas e instrumentos eficientes para a súa aplicación e implantación directa nas pemes.

OBXECTIVOS

Objetivo: Dixitalmente Conectados: Seminarios para a Era Dixital

COLECTIVOS E PERSOAS DESTINATARIAS

Empresarios/as, socios/as de microempresas e pequenas empresas, xerentes, autónomos/as.
Técnicos/as, responsables e profesionais de xestión e/ou novas tecnoloxías en microempresas e pequenas empresas.
Persoas emprendedoras e persoas relacionadas co mundo da tecnoloxía.
Persoas desempregadas.

SEMINARIOS

Os seminarios organízanse en 6 bloques temáticos, según o seguinte esquema
SEMINARIOS DURACIÓN MODALIDADE MÁS INFO
Automatización de procesos empresariais. BPM 15 horas Aula Virtual Más info
Ferramentas de comunicación estratéxica para as empresas 10 horas  Aula Virtual Más info
Ferramentas web para traballo colaborativo 10 horas  Aula Virtual Más info
Intelixencia artificial aplicada a empresa 10 horas  Aula Virtual Más info
Plataforma de teleformación (LMS) Moodle. Creación de contidos e SCORM 15 horas  Aula Virtual Más info
Xestión integral da empresa, plataformas ERP 15 horas  Aula Virtual Más info

Xa non hai marcha atrás para a dixitalización e as empresas deben estar preparadas

FINANCIADO POR

Deputación Provincial da Coruña