A dixitalización, é un aspecto crave na innovación empresarial, converteuse en algo crucial para as empresas que queiran competir no mercado actual, marcado pola irrupción tecnolóxica e o auxe dixital. Actualmente, segue habendo unha brecha dixital, si algo nos ensinou a pandemia é que só as empresas que se adaptan aos cambios teñen oportunidades de sobrevivir e aproximarse mellor aos hábitos de compra dos consumidores.
A Confederación de Empresarios da Coruña está a apostar por apoiar e fomentar a innovación e a transformación dixital das empresas e persoas como elemento crave para a mellora da súa competitividade. Este proxecto, financiado pola Deputación Provincial da Coruña, consta de cinco seminarios prácticos que pretenden impulsar o crecemento das empresas que, requiren procesos de dixitalización co fin de incrementar a súa produtividade e a súa competitividade, así como novos modelos de traballo.
OBXECTIVOS
COLECTIVOS E PERSOAS DESTINATARIAS
Empresarios/as, socios/as de microempresas e pequenas empresas, xerentes, autónomos/as.
Técnicos/as, responsables e profesionais de xestión e/ou novas tecnoloxías en microempresas e pequenas empresas.
Persoas emprendedoras e persoas relacionadas co mundo da tecnoloxía.
Persoas desempregadas.
SEMINARIOS
SEMINARIOS | DURACIÓN | MODALIDADE | MÁS INFO |
Ciberseguridade | 10 horas | Mixta (presencial e Aula Virtual) | Ver programa |
Estudo de mercado e Marketing dixital | 15 horas | Mixta (presencial e Aula Virtual) | Ver programa |
Dixitalización e Xestión na nube | 15 horas | Mixta (presencial e Aula Virtual) | Ver programa |
Deseño web | 10 horas | Mixta (presencial e Aula Virtual) | Ver programa |
Ecommerce e negocios online | 15 horas | Mixta (presencial e Aula Virtual) | Ver programa |