En plena era dixital, a tecnoloxía dixital e a automatización están a converterse en algo necesario tanto para as persoas como para as empresas.
A imaxe corporativa do proxecto tiña que reflectir claramente este proceso de dixitalización. Divídese en dous partes:
- Título
- Montaxe fotográfica
TÍTULO
A liña descontinua que está a subliñar o texto “dixital”, simboliza o proceso que conleva a dixitalización de negocios, organizacións ou procesos. Este proceso engloba moito máis que a adaptación da empresa ás tecnoloxías dixitais, xa que a tecnoloxía non é a causa desa transformación. É dicir, primeiro hai que detectar os problemas ou melloras, e logo decidir cal é o mellor medio dixital para solucionalos.
O cambio de liña descontinua a continua en “ización” representa xusto o momento no cal unha empresa xa se atopa dixitalizada, obtendo así unha maior automatización e rapidez á hora de realizar determinadas tarefas.
MONTAXE FOTOGRÁFICA
Existen dúas imaxes, unha onde se pode observar un deseño en formato papel cun bolígrafo, e outra cun computador e un teclado que está a mostrar en pantalla unha serie de datos e gráficas. Ambas imaxes representan a transformación dos procesos analóxicos e obxectos físicos a dixitais.