Valoración dos seminarios 2017


Ao finalizar cada seminario impartido na 1ª Edición en 2017, recolléronse os cuestionarios de valoración e os testemuños dos asistentes para coñecer a súa opinión sobre o seminario de Transformación Dixital da Empresa.

Avaliación de satisfacción dos participantes: Fíxose conforme o sistema de calidade da Confederación, a opinión das persoas participantes da acción formativa en relación á información recibida, á calidade docente, material entregado, á calidade das instalacións e equipamentos e á organización en xeral. Preséntase unha valoración xeral das accións formativas onde a valoración máis baixa correspóndese co 1 é a máis alta co 5.
Acadáronse resultados satisfactorios segundo indican as enquisas dos 3 seminarios. É salientable as aportacións que fixeron os participantes coas suas impresións e experiencias, enriquecendo o conxunto dos seminarios.

O máis valorado polos participantes:

  • A temática.
  • A metodoloxía empregada. Valórase que consigue equilibrar os contidos teóricos coas dinámicas grupais e o visionado dos vídeos.
  • O ambiente e cohesión grupal e a relación que se estableceu.
  • A gratuidade do programa.
  • A docencia.

O menos valorado:

  • Moitos dos participantes quedaron con ganas de poder practicar con algunhas das ferramentas propostas polos docentes.

Por parte do equipo docente as valoracións son as seguintes:

  • A avaliación da actividade é moi positiva. A Confederación de Empresarios da Coruña puxo ao dispor os medios (aulas, equipamentos, documentación de xestión) precisos e se preocupou porque todo se desenvolvese axeitadamente, facilitando o traballo a os docentes.
  • Todo el equipo docente está dacordo de que os grupos participantes implicáronse no desenvolvemento das accións, respectando as normas de participación, tempos e colaborando na boa execución das actividades e dinámicas propostas, favorecendo unha comunicación fluída e un intercambio enriquecedor de experiencias.
  • Creouse un bo clima de grupo que reforzou os obxectivos acadados.
  • Acadáronse resultados satisfactorios segundo indican as enquisas dos 3 eventos. É salientable o que aportaron os participantes coas súas impresións e experiencias, enriquecendo o conxunto.

Nesta representación apréciase que en case todas as acción valóranse entre 4 e 5 o que se traduce en elevados índices de satisfacción por parte dos asistentes.

Como se pode apreciar no gráfico, en xeral, todos os participantes valoraron positivamente os contidos formativos:

01 Enquisa Transforamación Dixital

Os materiais e a documentación entregada tamén foi moi ben valorada:

02 Enquisa Transforamación Dixital

Prácticamente todos os asistentes puntuaron coa máxima nota as instalación e medios técnicos da CEC:

03 Enquisa Transforamación Dixital

Os docentes coñecían os temas impartidos en profundidade, e a forma de impartir os seminarios foi moi ven valorada. Quizáis algún botou en falta poder practicar con algunha das ferramentas propostas:

04 Enquisa Transforamación Dixital

A valoración xeral dos tres seminarios foi moi boa, xa que ningún dos asistentes puntuou a acción máis baixo do 4:

05 Enquisa Transforamación Dixital

 

logos

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.

ACEPTAR