Xa non hai marcha atrás para a dixitalización e as empresas deben estar preparadas. A incorporación de solucións e produtos tecnolóxicos e a súa utilización ofrece cuantiosas vantaxes competitivas ás microempresas. Novas oportunidades de negocio xorden grazas a irrupción das novas tecnoloxías
Tras o éxito acadado o ano pasado coa primeira edición onde se facía una introdución ao proceso de dixitalización, organizamos un programa formativo gratuito sobre “Instrumentos para a Dixitalización das Empresas”. Este proxecto está financiado polo Concello da Coruña e consta de tres seminarios prácticos, impartidos por docentes cualificados, que pretenden impulsar o crecemento das empresas que requiren procesos de dixitalización, có fin de incrementar a súa produtividade e a súa competitividade, así como novos modelos de traballo.
RESUMO
Instrumentos para a Dixitalización das Empresas: 10 horas cada seminario
Número de seminarios prácticos: 3
Asistentes: 15 personas por sesión*
* Obrigatorio empresas con sede no municipio de A Coruña.
TALLERES PRÁCTICOS
- Seminario Práctico: Xestión de contidos CMS
24 e 25 de outubro, de 9:00 a 14:00 h. MÁS INFO - Seminario Práctico: Ferramentas colaborativas na nube
13 e 14 de novembro, de 9:00 a 14:00 h. MÁS INFO - Seminario Práctico: Ecommerce e negocios online
28 e 29 de novembro, de 9:00 a 14:00 h. MÁS INFO
OBXETIVOS
- Comprender como os cambios tecnolóxicos están a transformar os procesos e a xeración de valor nas empresas.
- Axudar a analizar novas ferramentas e técnicas para acadar unha mellora da actividade.
- Reflexionar sobre as oportunidades de desenvolver novos servizos grazas á implantación destas ferramentas e métodos.
- Intercambiar experiencias e debater sobre a realidade das empresas participantes e os sectores nos que operan.
- Impulsar o desenvolvemento da cultura innovadora na empresa.
- Impulsar o crecemento das empresas que, requiren procesos de dixitalización co fin de incrementar a súa produtividade e a súa competitividade, así como novos modelos de traballo.
- Mellora da eficiencia na prestación de servizos/produtos a clientes.
- Xestión corporativa intelixente do coñecemento, a información e os datos.
- Optimizar a xestión da empresa. Reducir a fricción nas interaccións con clientes.
- Incrementar a velocidade das transaccións cos clientes e provedores.
- Reducir custos operativos. Aumentar o grado de fidelidade cara á empresa.
- Crecer en cota de mercado.
- Innovación nos procesos internos da empresa.
PERSOAS DESTINATARIAS
A empresarios, microempresas e pequenas empresas, xestores, autónomos, técnicos e empresarios relacionados co sector das novas tecnoloxías do municipio de A Coruña, para adquirir unha visión práctica da transformación dixital.
LUGAR DE IMPARTICIÓN
Sede central da CEC. Praza Luis Seoane, torre 1, entreplanta. 15008. A Coruña.
A asistencia é gratuita, previa inscrición na web