Imaxe Corporativa 1ªEdición


O deseño do proxecto tiña que reflectir claramente a trasformación dixital nas empresas dentro da localidade da Coruña.

A imaxe corporativa divídese en tres partes:

  1. Montaxe fotográfica
  2. Slogan
  3. Título e iconos


MONTAXE FOTOGRÁFICA

 


MONTAXE FOTOGRÁFICA

Como este proxecto está orientado a empresas dentro da localidade da Coruña, para a montaxe fotográfica baseámonos no monumento “Ventana al Atlántico” situado en paseo marítimo da Coruña, na zona de O Portiño.

A escaleira é o símbolo da progresión cara ao saber, onde subir simboliza a procura do coñecemento exotérico (comprensible e fácil de entender), e baixar coñecemento esotérico (incomprensible ou difícil de entender). Por iso aparece unha persoa subindo as escaleiras e abrindo as portas á era dixital, adquirindo os coñecementos necesarios para impulsar o desenvolvimiento da cultura innovadora nas empresas.


SLOGAN

 


SLOGAN

Como xa indicamos na descrición da montaxe fotográfica hai unhas portas abertas, por iso o slogan é “Abre as portas á era dixital”.


TÍTULO E ICONOS

 


TÍTULO E ICONOS

O título “Transformación Dixital”, representa unha clara evolución de varias xeracións reflectindo unha transición gráfica da tipografía do 2D ao 3D. É dicir pasar do famoso gráfico pixelado, onde os pixeles individuais dunha imaxe son visibles ao ollo, á era dixital, onde xa se utiliza unha representación tridimensional de datos xeométricos.

En canto os iconos, tamén representan un timeline que vai dende o lapis, pasando polos primeiros soportes de almacenamento de datos de tipo magnético a memoria non volátil como a memoria flash, chegando finalmente aos espazos de almacenamento virtualizados ou nube.

 

logos

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.

ACEPTAR