A imaxe corporativa divídese en dúas partes:
ILUSTRACIÓN
Hoxe en día, o mellor escaparate para calquera negocio é Internet. Ter unha web brinda a oportunidade de estar en contacto constante cos clientes, podendo consultar ou ver os produtos e/ou servizos a calquera hora.
A imaxe mostra un mecanismo circular onde o punto central é un xestor de contidos alimentado polas vantaxes a nivel empresarial de traballar na nube con ferramientas colaborativas, e da venda online mediante un comercio electrónico.
SLOGAN
No slogan «Abre as portas á era dixital» choven números que representan o sistema binario, ou tamén coñecido como sistema diádico, que se utiliza nas computadoras, debido a que estas traballan internamente con dous niveis de voltaxe, onde os números represéntanse utilizando soamente dúas cifras: cero (0) e un (1).
O título “Transformación Dixital”, representa unha clara evolución de varias xeracións reflectindo unha transición gráfica da tipografía do 2D ao 3D. É dicir pasar do famoso gráfico pixelado, onde os pixeles individuais dunha imaxe son visibles ao ollo, á era dixital, onde xa se utiliza unha representación tridimensional de datos xeométricos.
En canto os iconos, tamén representan un timeline que vai dende o lapis, pasando polos primeiros soportes de almacenamento de datos de tipo magnético a memoria non volátil como a memoria flash, chegando finalmente aos espazos de almacenamento virtualizados ou nube.